Entradas

Mostrando entradas de junio, 2020

CHEGOU O VERÁN!

Imagen
O verán está ao caer, para comezalo con moi bo pé e estar entretidas e entretidos durante as vacacións, a profe Paula (A.L. do Colexio de Cervo) presenta algúns xogos, xa coñecidos por todas e todos, agardando que os desfrutedes. Premede no enlace de abaixo para acceder ao documento, imprimide e comezade a xogar!! https://drive.google.com/file/d/10-EF6V4cEkjVTpvWhVu9zsMEoshghaEH/view?usp=sharing

CARREIRA SOLIDARIA VIRTUAL "CORRE POR NÓS"

Imagen
Como todos os anos, dende o Colexio de Cervo imos celebrar a Carreira Solidaria , desta vez de forma virtual , xa que agora, máis que nunca temos a oportunidade de axudar a aqueles que máis o precisan. Se levará a cabo entre o martes 9 e o domingo 14 de xuño . O recaudado irá destinado á Cruz Vermella, para axudar a aquelas familias máis desfavorecidas e a aquelas afectadas pola crise do Covid-19, que precisan comida e produtos básicos para poder sobrevivir. PODERÁ PARTICIPAR CALQUERA PERSOA, SEXA OU NON DA COMUNIDADE EDUCATIVA. INSCRÍBETE EN: https://web.rockthesport.com/es/es/master/evento/carreira-solidaria-virtual-colexio-de-cervo-corre Enlace ao REGULAMENTO, onde atoparedes toda a información: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervo/system/files/Regulamento%20Carreira.pdf Por último, deixo o vídeo promocional onde os nenos e nenas de 6º anímannos a participar:

O PASO AO INSTITUTO

Imagen
Xa falta menos para que o noso alumnado de 6º dea o salto ao Instituto! Isto me fai supoñer que estaredes nerviosos e á espectativa, e que teredes moitas dúbidas sobre como será o Instituto e a Educación Secundaria, por iso elaborei esta presentación, na que vos falo sobre os cambios máis importantes que atoparedes na E.S.O. Picade no enlace para acceder á presentación. Espero que vos sirva de axuda. https://view.genial.ly/5ed0cc9c6a01c811e66eb0bc/presentation-paso-a-eso Ademais da presentación, deixo un resumo escrito coa información máis relevante deste cambio: https://drive.google.com/file/d/1L2hqwxu_AcyvG0zZjdgQ2eE4escDCbX-/view?usp=sharing