Entradas

Mostrando entradas de 2021

21 de marzo - DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN

Imagen
Un ano máis, como cada 21 de marzo, queremos conmemorar dende o noso colexio o DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN co obxectivo de esquecer os prexuizos e facilitar a integración. Unímonos á campaña que leva a cabo a Federación Down Galicia , na que se  busca poñer en valor o concepto da diferenza e dar visibilidade á idea de que ningunha persoa é igual a outra e que, precisamente, esa diferenza é a que nos enriquece como sociedade.  Na seguinte presentación resumimos as accións desta campaña:  PARA REMATAR, ALGUNHAS CURIOSIDADES 🔎 SABEDES POR QUE SE ESCOLLEU ESTA DATA? o día  21 do mes número 3 simboliza a trisomía do cromosoma 21, orixinario da Síndrome de Down. 🔎 ALGUNHAS PERSOAS COA SÍNDROME DE DOWN QUE CUMPLIRON OS SEUS SOÑOS: PABLO PINEDA Primeiro licenciado europeo, impartiu clases na Universidade. Ademáis é mestre, presentador e escritor. BÁRBARA WETZEL No ano 2015 gañou o Campionato Mundial de Ximansia Artística na categoría Júnior. GLORIA RAMOS Primeira actriz con Síndrome d

18 de febreiro - DÍA INTERNACIONAL DA SÍNDROME DE ASPERGER

Imagen
     Dende o ano 2007, o 18 de febreiro celébrase o Día Internacional da Síndrome de Asperger co obxectivo de dar visibilidade ao colectivo e promover a acción política e social para a reivindicación e promoción do exercicio efectivo dos seus dereitos.      A campaña do 2021 da Confederación de Autismo España ten como lema #HazEspacio para que as persoas con Síndrome de Asperger podan APRENDER e TRABALLAR. A continuación podedes ver o vídeo para a campaña deste ano.            Deixo para finalizar os enlaces ás páxinas de Confederación Autismo España , Autismo Galicia e Asociación Galega de Asperger.   👉http://www.autismo.org.es/actualidad/articulo/haz-espacio-para-que-las-personas-con-sindrome-de-asperger-puedan-aprender-y       👉https://www.autismogalicia.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=shownews&idn=2619&V_idmod=62     👉https://www.asperga.org/