Entradas

Mostrando entradas de abril, 2020

PASATEMPOS PROPOSTOS DENDE P.T.

Imagen
Lino, o profe especialista en Pedagoxía Terapéutica do CEIP de Cervo, elaborou un montón de pasatempos para pasar máis entretidos esta tempada á vez que repasamos contidos. Picando no enlace que aparece debaixo da imaxe, accederedes a xogos de afundir a flota, crucigramas, sopas de letras, adiviñas, acertixos.... https://drive.google.com/file/d/1UH5kR84mACKdE88zUfryy5gz6LDdckhY/view?usp=sharing

RECOPILATORIO DE CONTOS

Imagen
Atopámonos nun momento no que a xenerosidade das personas e dos compañeiros cobra especial importancia. Todos aportan o seu gran de area e comparten marabillosos materiais para poder desfrutar neste tempo difícil.  Hoxe chegoume este gran recopilatorio de contos en diferentes formatos, se trata dunha serie de enlaces que levan a contos narrados, contos pictografiados, contacontos ou contos animados.  Picade no enlace que está debaixo da imaxe para acceder ao recurso. https://drive.google.com/file/d/1WXaznyoE-B9t5f1nho8U-DeFwcX91N0p/view?usp=sharing

PROPOSTAS DUNHA PROFE DE AL PARA A CORENTENA

Imagen
A nosa profe Paula, especialista en Audición e Linguaxe do CEIP de Cervo elaborou unha chea de estupendas propostas para que o alumnado poda pasar esta corentena algo máis entretido. Se pinchades no enlace que aparece debaixo da foto, descubriredes receitas de cociña, propostas de xogos con e sen material, refraneiro, adiviñas, pasatempos, actividades de escritura creativa, mandalas, recursos dixitais.... ANIMÁDEVOS!!!!! https://drive.google.com/file/d/1VyMXDCtcQg843VrHV-kz4EZSK3X2vNxn/view?usp=sharing

O DESCONFINAMENTO DOS NENOS

Imagen
O OSO GOLOSO A psicóloga Carmen Esteban compartiu un material que elaborou para preparar aos peques para a volta á rúa.  O Oso Goloso sabe o que é pasar moito tempo sen saír e por iso quere axudar aos humanos.  Neste conto se anticipa o día da saída, se fala das emocións á vez que se repasan as normas que deberán seguir os nenos e nenas durante as saídas á rúa. Pincha no enlace que aparece debaixo da foto para acceder ao conto. https://93226401-c45d-43e4-9ffb-a9168137d498.filesusr.com/ugd/6cdad4_a24bcd4c787f49ea87573c9a387d71e2.pdf GUÍA RÁPIDA SOBRE A SAÍDA DOS NENOS DURANTE O CONFINAMENTO Dende @SabinaSerrnoPsicóloga achegan unha Guía Rápida para axudar ás familias nas saídas permitidas aos nenos e nenas, cuns pasos a seguir e consellos. https://drive.google.com/file/d/1VUTqAhvEGco3ijQ8O2JP4wEoQhbQ1DjZ/view?usp=sharing ¡YA PODEMOS SALIR A LA CALLE! Outro conto para os pequenos sobre a mesma temática elaborado pola Asociación Mundial de E

PROPOSTAS AUDICIÓN E LINGUAXE

Imagen
A profe Andrea, especialista en Audición e Linguaxe do CEIP Península da Paz, propón unha serie de vídeos para poder traballar dende a casa. EXERCICOS ORAIS MOTORES para traballar as praxias, é dicir, movementos que inclúen os labios, a lingua, os músculos cercanos á boca, a mandíbula e o velo do paladar. CANCIÓNS PARA NENOS. ERRE CON ERRE para aprender a pronunciar correctamente o erre, facendo vibrar a punta da lingua contra o paladar. TRABALINGUAS PARA NENOS para axudar a traballar certos fonemas.

23 de abril - DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

Imagen
O 23 de abril celébrase o Día Internacional do Libro ,dado que ese día coincide cos falecementos de Miguel de Cervantes e William Sakespeare. En España conmemórase dende o 1930, e dende 1995 internacionalmente gracias á UNESCO. A lectura non só é beneficiosa para o desenvolvemento cognitivo e psicolóxico dos nenos e nenas, axuda tamén a desenvolver a súa imaxinación e creatividade, aumenta a súa capacidade de concentración e amplía o seu vocabulario. A neuroeduación afirma que ler na infancia e ter unha boa educación emocional evita moitos transtornos da aprendizaxe. Por este motivo hoxe quero recomendar algúns libros para traballar a educación emocional, porque a aprendizaxe baséase na emoción, así que..... EMOCIÓNEMONOS LENDO!!!!! El gran libro de las emociones (María Menéndez-Ponte): este libro consta de 30 contos para traballar as emocións e crecer feliz. Emocionario: di lo que sientes  (Cristina Nuñez y Rafael R. Valcárcel): describe de maneira s

O DADO DAS EMOCIÓNS

Imagen
Este material está pensado para crear o noso "dado das emocións" e así traballar con elas: identificándoas, nomeándoas, expresándoas... unha chea de ideas para xogar e ao mesmo tempo explorar as nosas emocións. https://www.orientacionandujar.es/wp-content/uploads/2016/02/DadodeEmociones.pdf

GUÍAS PARA MANTER AS RUTINAS ESCOLARES NA CASA

Imagen
Dende o Colegio Oficial de Psicología de Madrid se elabora esta guía na que se recollen orientacións psicoeducativas para as familias, para manter unhas rutinas escolares e poder levar a cabo as propostas que se fan dende as titorías a distancia: https://www.copmadrid.org/web/files/comunicacion/RecomendacionesEducativasNin%CC%83osCasa.pdf O Colegio Oficial de Psicólogos de la Región de Murcia elaborou unha interesante guía para proxenitores separtados ou divorciados: https://www.colegiopsicologos-murcia.org/informa/covid19/13_sugerencias_para_progenitores_separados_en_el_covid-19.pdf O mesmo Colegio Oficial de Psicólogos de la Región de Murcia oferta tamén un decálogo de boas prácticas na casa, unhas orientacións educativas para as familias nesta situación de confinamento.https://www.colegiopsicologos-murcia.org/informa/covid19/Decalogo_educativa_COP-RM.pdf https://www.colegiopsicologos-murcia.org/informa/covid19/Decalogo_educativa_

RECOMENDACIÓNS DE PEDIATRAS E PSIQUIATRAS INFANTÍS

Imagen
Dende a Sociedade de Psiquiatría Infantil (SPI), sociedade integrada na Asociación Española de Pediatría (AEP) achegan unha serie de recomendacións para as nenas e nenos e as súas familias sobre a pandemia de Coronavirus COVID-19. Neste documento fálase de posibles situacións e emocións tan presentes nesta corentena como a incertidumbre, o medo, a tensión, a ansiedade, o pánico, o illamento dos seres queridos, a rebeldía ante as normas... á vez que suxiren consellos e pautas para afrontalas dende a familia. Ademáis unha serie de actividades recomendadas e medidas de hixiene. https://www.aeped.es/sites/default/files/spi-aep-recomendaciones_para_ninos_y_sus_familiares_sobre_la_pandemia_de_coronavirus.pdf

TEAconsellos

Imagen
A Federación Autismo Galicia segue a publicar os seus TEAconsellos. En anteriores entradas adxuntei outros TEAconsellos publicados pola Federación ("ideas e recursos para o tempo na casa e as personas con autismo" e "recursos e ideas de ocio e diversión en familia"), hoxe deixovos os enlaces de outros dous novos, igualmente interesantes. Estes son: ANSIEDADE E ESTRÉS, COMO AFRONTALOS Un conxunto de recomendacións para casos de estrés e ansiedade que poden redundar nunha mellora da saúde xeral da persona con TEA. https://view.genial.ly/5e8c6dd5d9dad70d83869f77/presentation-teaconsellos-ansiedade-e-estres MANUAIS DE RECURSOS ACCESIBLES COGNITIVAMENTE PARA O TEMPO EN CORENTENA POR COVID Unha serie de guías adaptadas con pictogramas para explicar diferentes aspectos relacionados co Coronavirus. Recursos ARASAAC. Cómo explicar o coronavirus a personas con TEA. Medidas de prevención. Hixiene. Actividades para facer durante o período de co

EDUCACIÓN EN VALORES: A PACIENCIA

Imagen
Neste enlace atoparedes un artigo no que se ofrecen pautas e consellos para traballar a paciencia cos nenos e nenas e poder, así, educar esa habilidade tan necesaria na vida e máis nestes momentos de incerteza que estamos a vivir. https://blog.bosquedefantasias.com /crianza/como-educar-valores-ninos-paciencia

CONTOS QUE CONTAXIAN ILUSIÓN

Imagen
A fundación ONCE, na súa biblioteca infantil, comparte unha colección de lecturas co obxectivo de mostrar as vivencias de nenos e nenas con discapacidade a través das súas divertidas aventuras, con títulos como "Aitor aviador", "Aurora locutora", "Aneta poeta"... tratando diferentes discapacidades e necesidades específicas de apoio educativo como a parálise cerebral, espina bífida, TEA, TDAH, etc.  Ademáis cada un dos contos adxunta unha serie de actividades imprimibles moi entretidas para os pequenos e pequenas. http://bibliotecainfantil.fundaciononce.es/es/home.html

TEAconsellos

Imagen
A Federación Autismo Galicia ofrece agora outro material: recursos e ideas de ocio e diversión en familia para traballar na casa o Trastorno do Espectro Autista nos seus diferentes graos e niveis. Son unha serie de aplicacións e materiais que permiten incorporalos ás actividades cotiás e axudan a estimular emocións, mellorando tamén os procesos de aprendizaxe. https://view.genial.ly/5e8ae695260c290e39b8dc71/presentation-teaconsellos-recursos-e-ideas-de-ocio-e-diversion-en-familia

PROPOSTAS PARA ENTRETERSE NAS VACACIÓNS

Imagen
Grupo SM para estas vacacions oferta unha volta ao Mundo sin moverte de casa por países como Japón, Australia, Inglaterra, México, Egipto, Francia ou Grecia. https://www.grupo-sm.com/es/post/nosquedamosdevacaciones O escritor Eloy Moreno creou un ebook gratuito para entreter tanto a adultos como a nenos e nenas a partir de 7-8 anos. https://eloymoreno.com/wp-content/uploads/2020/03/CUENTOSCASA.pdf No portal educativo AULAS GALEGAS, que naceu para axudar neste tempo de crise a alumnado, familias e profesorado a atopar recursos educativos en galego. Atopamos unha receita inclusiva de biscoito para facer nestas vacacións de Semana Santa. https://aulasgalegas.org/wp-content/uploads/2020/04/biscoito-bicolor-receita.pdf Mandalas: 7 beneficios sorprendentes. Na páxina ciberpsique.com ofrecen un recurso no que explican os beneficios psicolóxicos das mandalas e ademáis ofrecen unhas plantillas imprimibles para colorear. https://ciberp

PARA TRABALLAR AS EMOCIÓNS

Imagen
O Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia presenta o caderno "RETRINCOS DE CORES", un interesante recurso co cal ensinan aos nenos e nenas a descubrir e coñecer as súas emocións, debuxando e escribindo neste caderno, xa que ese é o mellor modo según os expertos de facer que os problemas se fagan cada vez máis pequenos, para así poder eliminalos. https://copgalicia.gal/system/files/PDFs/xerais/retrincos_de_cores_0.pdf

LÓXICA MATEMÁTICA

Imagen
Lino, o noso P.T. do CEIP de Cervo preparou unhas actividades de lóxica matemática pensadas para o alumnado de 5º e 6º ao que lle apeteza entreterse ao tempo que repasa e afianza conceptos.  https://drive.google.com/open?id=19MHgCu6FZCFKPir7djvbCDa0-mhKsTpO

PROPOSTAS DE OCIO EN CUARENTENA

Imagen
O servizo de Lecer e Deporte de Saúde Mental FEAFES Galicia comparte un recurso moi completo no que propón unha chea de  enlaces a todo tipo de actividades de ocio: culturais, actividade física, manualidades e actividades creativas, xogos, cociña e nutrición...   https://drive.google.com/open?id=1CxHRHbWcjPmLN3p9Rg0nJeRDbqPcb-xo

RECURSOS

Imagen
A asociación Down Galicia ofece tamén un montón de recursos dirixidos a público de todas as idades, con e sen discapacidade, para exercitar corpo e mente e á vez divertirse durante o confinamento. https://downgalicia.org/recursos-down/

CONTOS ADAPTADOS

Imagen
Contos adaptados a través de pictogramas, especialmente para nenos e nenas con autismo, aínda que é unha ferramenta que lles encanta a todos.  Nestes enlaces tedes dúas coleccións onde poderedes disfrutar dos contos on line, ademáis de acceder ás aplicacións interactivas. Colección aprende http://www.aprendicesvisuales.org/cuentos/aprende/ Colección disfruta http://www.aprendicesvisuales.org/cuentos/disfruta/

CONSELLOS PARA O COLECTIVO TEA

Imagen
Dende a Asociación AETAPI (formada por profesionais do autismo de diversos ámbitos) ofertan unha serie de consellos para sobrelevar o illamento provocado polo Coronavirus, a través da traducción do artigo orixinal de Peter Vermeulen "Autism and the Corona virus: 20 tips". http://aetapi.org/autismo-coronavirus/ Acompañamos este texto coa infografía elaborado pola "Unidad TEA del Equipo Regional" de Asturias a partires destes consellos. https://www.educastur.es/-/efemerides-02-04-dia-mundial-sobre-el-autismo-infografia-consejos-alumnado-tea Compartimos asemade os consellos elaborados pola Federación Autismo Galicia. https://www.autismogalicia.org/index.php?&PHPSESSID=bchqbanhsvccrn6uuc3ch3b3r3&V_dir=MSC&V_mod=shownews&idn=2201&PHPSESSID=bchqbanhsvccrn6uuc3ch3b3r3&&V_idmod=62&id=2201

RESPECTO AO COLECTIVO TEA

Imagen
O primeiro, transmitir dende aquí unha mensaxe de respecto e comprensión cara todas aquelas personas que nestes días de confinamento precisan saír á rúa para calmar a súa ansiedade, porque non son capaces de entender estes cambios nas súas rutinas. Eles non teñen que dar explicacións á sociedade nin necesitan ser marcados con ningún identificativo para poder exercer o seu dereito, publicado por parte do Ministerio de Sanidade na instrucción do 19 de marzo de 2020. http://www.autismo.org.es/actualidad/articulo/las-personas-con-autismo-pueden-salir-la-calle-por-derecho-y-sin-identificativos Para comprender o Trastorno do Espectro Autista (TEA) e acercarnos un pouco máis a este colectivo, compartimos os enlaces dalgúns vídeos: EL DÍA DE MANUEL Adaptación do conto "El día de Manuel" feita polo músico, historiador e compositor Seso Durán. https://www.youtube.com/watch?v=j-YeaHcfNl4 Todos os nenos son distintos. Manuel, por exemplo, organiza o

2 ABRIL - "DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO"

Imagen
O día 2 de abril celébrase o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, como se ven facendo dende que no ano 2007 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas instaurase esta data, co obxectivo de poñer de relevo a necesidade de contribuír á mellora da calidade de vida das persoas con trastorno do espectro autista (TEA) e promover a súa inclusión en todos os ámbitos da sociedade como cidadás de pleno dereito. A campaña que se leva a cabo este ano dende o movemento asociativo do autismo en España, en coordinación con Autismo Europa, centra a súa atención ao redor de dous eixos fundamentais para a mellora da calidade das persoas con TEA: o acceso a unha educación e a un emprego de calidade que se adecúe ás capacidades, prioridades e necesidades específicas de cada persoa con TEA. Por isto o lema deste ano é "PODO APRENDER. PODO TRABALLAR". https://diamundialautismo.com/puedo-aprender-puedo-trabajar/ https://diamundialautismo.com/ Este ano, adaptándonos á sit

CONSEJOS PSICOLÓGICOS PARA LARGOS PERÍODOS DENTRO DE CASA

Imagen
Nesta pequena guía, a Educadora Social e Psicóloga, Elena San Martín Suárez, aporta unha serie de valiosos consellos, tanto para pais como nenas e nenos, para poder sobrelevar esta nova situación que nos está a tocar vivir da mellor maneira, e que inflúa o menos posible na xeración de malestar psicolóxico. https://www.orientacionandujar.es/wp-content/uploads/2020/03/Consejos-Psicologicos-para-largos-periodos-dentro-de-casa.pdf.pdf

UN POUCO DE ENTRETEMENTO

Imagen
Para facer máis levadeiro este confinamento, miña compañeira, a profe Alicia, propón unha serie de  enlaces para poder pasar o tempo facendo puzzles, sopas de letras e outros pasatempos. Con eles ademais contribuímos á mellora de aspectos da aprendizaxe, así como á atención e á concentración. https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippeninsuladapaz/?q=system/files/PASATEMPOS.pdf

SIEMPRE BUSCANDO EL LADO POSITIVO

Imagen
A profe Alicia, especialista en Pedagoxía Terapéutica do Departamento de Orientación do CEIP Península da Paz, manda aos rapaces e rapazas uns conselliños cheos de cariño para axudar á reflexión nestes días difíciles e así intentar ser positivos. https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippeninsuladapaz/?q=system/files/RECOMENDACIONES%20PARA%20CUARENTENA%20Alicia.pdf