Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2020

"PasaEmoción"

Imagen
Pensando en afondar nas nosas emocións (algo que se torna imprescindible e básico nas nosas vidas, e máis en momentos como os que estamos a vivir) dende o Departamento de Orientación do CEIP de Cervo propoñemos este "PasaEmoción" para descubrir canto sabedes sobre as vosas emocións. Picando no seguinte enlace accederedes a este xogo. https://view.genial.ly/5ebd269932a04c0d96b6d1b7/game-pasaemocion

INFORMACIÓN ACERCA DO IES

Imagen
O alumnado de sexto e as vosas familias afrontades o paso ao instituto dende esta situación excepcional e, probablemente, sintades certa inseguridade con respecto a este tema. Dende o Departamento de Orientación gustaríanos poder acompañar este proceso de cambio, coma sempre facemos dende o cole, polo que queremos colaborar aportando información que vos axude a coñecer o voso instituto. Dende o IES Marqués de Sargadelos transmítennos tranquilidade e manifestan actitude de axuda e comprensión de cara ao novo alumnado. A visita de presentación ao IES pensamos que non se poderá realizar da forma en que se viña facendo, pero buscaremos unha alternativa para que poidades coñecer as instalacións e o programa de estudos antes de empezar o vindeiro curso. Mentres, déixovos o enlace coa páxina do instituto, onde atoparedes información sobre os horarios, oferta educativa, instalacións, prazos e documentos de matriculación, etc. https://www.edu.xunta.gal/centros/iesmarquessargadelos/

ENLACES DE INTERESE

Imagen
O EQUIPO DE ORIENTACIÓN ESPECÍFICO  da provincia de Lugo achegou un material ao Departamento de Orientación, cuns consellos cara as familias. Ademáis destes consellos para as familias, tamén recolle unha serie de enlaces de interese que nos levan a recursos educativos, culturais, de educación emocional, motricidade, dislexia...  E enlaces específicos que axudan a orientar e traballar co alumnado TEA. Aínda que algúns deles xa os publiquei en entradas anteriores, comparto todos os enlaces que achegou o E.O.E. de Lugo. ENLACES DE INTERESE: https://www.youtube.com/playlist?list=PLlJsbJFGKZG1ZpVqaXK-ECqTHp3G5XGsv  (canle de YouTube do Colexio Oficial de Psicólogos de Madrid) http://www.educacionyfp.gob.es/prensa/actualidad/2020/03/20200323-aprendoencasa.html  (páxina do Ministerio con materiais e recursos) https://www.patapato.es/#/web/articulo/44?mostrarVolver=true  (recursos culturais gratuítos) http://ieselaios.catedu.es/orientac

CADERNOS DE DESENVOLVEMENTO EMOCIONAL EN FAMILIA

Imagen
O Equipo de Conducta de Granada comparte estes cadernos para traballar a educación emocional, tan importante sempre, e moito máis agora nesta difícil situación. Nestes cadernos se propoñen actividades para facer en familia que axudarán a xestionar o tempo de maneira produtiva. Trátase de catro cadernos, destinados a distintos niveis educativos: Para Educación Infantil: https://drive.google.com/open?id=1_uJLtb66BAdgAATE0UCDIleTpzk_29lX Para 1º e 2º de Educación Primaria: https://drive.google.com/open?id=1qxVfoWdMYtRnHPKjoLR6QpBF4pgACKdH Para 3º e 4º de Educaación Primaria: https://drive.google.com/open?id=1e8zlxz7CoIaJ0RUuxlbYTvtM3JDZrXu0 Para 5º e 6º de Educación Primaria: https://drive.google.com/open?id=10k19kaVXLVdfxVVhkiF1f380wfpChphT

SORPRESA!!!!!

Imagen
O personal do COLEXIO DE CERVO preparamos esta montaxe para conmemorar o Día Internacional contra o Acoso Escolar e para darvos, de paso, moitos ánimos. https://youtu.be/7a0CEV7a9K0 Picade no enlace para ver o vídeo. Esperamos que vos guste!!!!!

2 de maio - DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Imagen
Dende o ano 2011, o 2 de maio se celebra o Día Internacional contra o Bullying ou o Acoso Escolar, co obxectivo de concienciar sobre o ri sc o do acoso escolar e o bullying n a s nenas e nenos, mozas e mozos a nivel mundial. Así como buscar os mecanismos para evitar este mal, que hoxe, converteuse nun perigo para a poboación infantil e xuvenil. Entendemos por acoso escolar todas as formas e actitudes agresivas, intencionadas e repetidas, que ocorren por un ou máis estudantes contra outro ou outros. Estas agresións poden ser físicas, verbais, psicolóxicas ou sociais tanto dentro do colexio, como a través de redes sociais, o que se coñece como ciberacoso. Comparto algúns recursos para axudar algo máis á concienciación contra o Acoso Escolar: RECURSOS AUDIOVISUAIS CURTAMETRAXE "LOU" Esta curta de Pixar aborda o bullying dende outra visión. Lou, un monstruo feito de obxectos perdidos, observa día a día o acoso que sofren moitos nenos e nen

PASATEMPOS EN GALEGO DO NOSO P.T.

Imagen
Lino, o P.T. do CEIP de Cervo, preparou unha nova proposta de pasatempos, esta vez en galego. Para acceder a eles, tedes que picar no enlace que hai debaixo da foto. https://drive.google.com/file/d/1IPxEAIpDqV9zVQtdLeRUTOiQIvTBHH_a/view?usp=sharing