Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2020

3 de decembro - "DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE"

Imagen
     O 3 de decembro, como todos os anos dende 1992, celébrase o "DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE" co obxectivo de promover os seus dereitos e benestar en todos os ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida.      Este ano, o lema da campaña é "UN DÍA PARA TOD@S" , co que se quere facer ver que a discapacidade forma parte da condición humana, xa que todas e todos, nalgún momento das nosas vidas, podemos experimentar unha discapacidade temporal ou permanente; e a sociedade ten que estar preparada para elo.      Dende o Departamento de Orientación dos CEIP de Cervo e Península da Paz, unímonos a esta campaña e celebramos que CANTAS MÁIS DIFERENCIAS, MÁIS POSIBILIDADES.      P ara mostrar ao noso alumnado que non existen os límites, Álex, un deportista de Viveiro, quixo enviar unha bonita e importante mensaxe para todas e todos. Picade sobre a súa foto para acceder ó video. MOITAS GRAZAS, ÁLEX     &quo