BENVIDA AO NOVO CURSO!!!

    Dende o Departamento de Orientación queremos dar a BENVIDA AO COLE!!! a toda a comunidade educativa, facendo especial fincapé no noso alumnado, que debido ás experiencias estresantes vividas a causa da COVID-19, rematou o pasado curso dunha maneira moi estrana.

    Dende aquí ofrecemos o noso apoio persoal e emocional, ademais de restablecer a súa función educativa habitual. Consideramos a atención ao benestar emocional dos nenos e nenas como un obxectivo prioritario nun primeiro momento, para así facilitar que o alumnado estea nas mellores condicións no regreso ás aulas.

    Por este motivo comparto as RECOMENDACIÓNS DE AUTOCOIDADO PARA AS FAMILIAS "Coidámonos Ben" elaboradas polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia dentro do Programa Psicoeducativo para a post-emerxencia en Centros Educativos de Infantil e Primaria.




Comentarios

Entradas populares de este blog

21 de marzo - DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN

18 de febreiro - DÍA INTERNACIONAL DA SÍNDROME DE ASPERGER