3 de decembro - "DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE"


    O 3 de decembro, como todos os anos dende 1992, celébrase o "DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE" co obxectivo de promover os seus dereitos e benestar en todos os ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida.

    Este ano, o lema da campaña é "UN DÍA PARA TOD@S", co que se quere facer ver que a discapacidade forma parte da condición humana, xa que todas e todos, nalgún momento das nosas vidas, podemos experimentar unha discapacidade temporal ou permanente; e a sociedade ten que estar preparada para elo.

    Dende o Departamento de Orientación dos CEIP de Cervo e Península da Paz, unímonos a esta campaña e celebramos que CANTAS MÁIS DIFERENCIAS, MÁIS POSIBILIDADES.

    Para mostrar ao noso alumnado que non existen os límites, Álex, un deportista de Viveiro, quixo enviar unha bonita e importante mensaxe para todas e todos. Picade sobre a súa foto para acceder ó video.

MOITAS GRAZAS, ÁLEX


   



"CUERDAS" 

    Curta para coñecer a situación de persoas con discapacidade, sen xulgar e comprendendo a importancia da inclusión social o respecto e a xenerosidade.



" EL REGALO"

    Historia emotiva para desenvolver a autoestima, a empatía, a amizade e o respecto cara a diversidade. 



"TAMARA"

    Conta a historia dunha nena soñadora cunha discapacidade auditiva que non lle impide facer o que máis lle gusta, bailar, sentindo a música no seu corazón.




"PIP, UNIVERSIDAD CANINA"

        Nesta curtametraxe podemos ver a Pip, un pequeno can que se está a preparar para poder ser can guía e axudar a persoas con discapacidade visual.



"EL CAZO DE LORENZO"

    Video-conto para darse conta que dentro dun mundo no que ninguén é igual a ninguén, é necesario valorar as dificultades e as diferencias dos demais.


   

 "IAN"

        Curtametraxe para sensibilizar a nenos e adultos sobre o tema da discapacidade, mostrando a importancia da inclusión. Historia basada na historia real de Ian, un neno de 10 anos con parálise cerebral que afecta á súa movilidade e linguaxe.











Comentarios

Entradas populares de este blog

21 de marzo - DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN

18 de febreiro - DÍA INTERNACIONAL DA SÍNDROME DE ASPERGER

BENVIDA AO NOVO CURSO!!!