INFORMACIÓN ACERCA DO IES

O alumnado de sexto e as vosas familias afrontades o paso ao instituto dende esta situación excepcional e, probablemente, sintades certa inseguridade con respecto a este tema. Dende o Departamento de Orientación gustaríanos poder acompañar este proceso de cambio, coma sempre facemos dende o cole, polo que queremos colaborar aportando información que vos axude a coñecer o voso instituto.
Dende o IES Marqués de Sargadelos transmítennos tranquilidade e manifestan actitude de axuda e comprensión de cara ao novo alumnado. A visita de presentación ao IES pensamos que non se poderá realizar da forma en que se viña facendo, pero buscaremos unha alternativa para que poidades coñecer as instalacións e o programa de estudos antes de empezar o vindeiro curso.
Mentres, déixovos o enlace coa páxina do instituto, onde atoparedes información sobre os horarios, oferta educativa, instalacións, prazos e documentos de matriculación, etc.





TLF: 982870193
E-MAIL: ies.marques.sargadelos@edu.xunta.gal

Deixo tamén o enlace ao Departamento de Orientación do IES, no que atoparedes o  mail de contacto coa orientadora do centro luciaveganunez@edu.xunta.es




Comentarios

Entradas populares de este blog

21 de marzo - DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN

18 de febreiro - DÍA INTERNACIONAL DA SÍNDROME DE ASPERGER

BENVIDA AO NOVO CURSO!!!