2 de maio - DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR
Dende
o ano 2011, o 2 de maio se celebra o Día Internacional contra o
Bullying
ou o Acoso Escolar, co obxectivo de concienciar sobre o risco
do acoso escolar e o bullying nas
nenas
e
nenos, mozas
e
mozos a nivel mundial. Así como buscar os mecanismos para evitar
este mal, que hoxe, converteuse nun perigo para a poboación infantil
e xuvenil.
Entendemos
por acoso escolar todas as
formas e actitudes agresivas, intencionadas e repetidas, que ocorren
por un ou máis estudantes contra outro ou outros. Estas agresións
poden ser físicas, verbais, psicolóxicas ou sociais tanto
dentro do colexio, como a través de redes sociais, o que se coñece
como ciberacoso.
Comparto algúns recursos para axudar algo máis á concienciación contra o Acoso Escolar:
RECURSOS AUDIOVISUAIS
CURTAMETRAXE "LOU"
Esta curta de Pixar aborda o bullying dende outra visión. Lou, un monstruo feito de obxectos perdidos, observa día a día o acoso que sofren moitos nenos e nenas no recreo, un día o monstruo dará unha lección ao acosador.
Un vídeo-conto sobre o acoso escolar que ensina a importancia do respecto aos demais. Os nenos e nenas aprenderán a evitar o bullying a través da historia de Marina.
"WONDER"
"WONDER"
Unha película dirixida por Stephen Chbosky, baseada no libro homónimo de 2012 de Raquel Palacio.A vida de August cambia cando pasa da educación no fogar á escola secundaria, alí enfróntase á intimidación e á discriminación por mor da súa apariencia física.
Se picades no enlace de abaixo, atoparedes unhas actividades imprimibles para reflexionar sobre a pelicula.
RECURSOS LITERARIOS
Ademáis destes recursos audiovisuais, hai tamén unha chea de libros e contos sobre esta temática, déixovos algúns títulos:
RECURSOS MUSICAIS
Para rematar, deixo o enlace do rap de El Langui contra o acoso escolar "Se buscan valientes" no que insta ao entorno de acosados e acosadores a impedir este tipo de violencia. Este rap foi creado e interpretado por El Langui para a campaña de acción social "12 meses" de Mediaset España no ano 2017.
Comentarios
Publicar un comentario