Entradas

18 de febreiro - DÍA INTERNACIONAL DA SÍNDROME DE ASPERGER

Imagen
     Dende o ano 2007, o 18 de febreiro celébrase o Día Internacional da Síndrome de Asperger co obxectivo de dar visibilidade ao colectivo e promover a acción política e social para a reivindicación e promoción do exercicio efectivo dos seus dereitos.      A campaña do 2021 da Confederación de Autismo España ten como lema #HazEspacio para que as persoas con Síndrome de Asperger podan APRENDER e TRABALLAR. A continuación podedes ver o vídeo para a campaña deste ano.            Deixo para finalizar os enlaces ás páxinas de Confederación Autismo España , Autismo Galicia e Asociación Galega de Asperger.   👉http://www.autismo.org.es/actualidad/articulo/haz-espacio-para-que-las-personas-con-sindrome-de-asperger-puedan-aprender-y       👉https://www.autismogalicia.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=shownews&idn=2619&V_idmod=62     👉https://www.asperga.org/

3 de decembro - "DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE"

Imagen
     O 3 de decembro, como todos os anos dende 1992, celébrase o "DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE" co obxectivo de promover os seus dereitos e benestar en todos os ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida.      Este ano, o lema da campaña é "UN DÍA PARA TOD@S" , co que se quere facer ver que a discapacidade forma parte da condición humana, xa que todas e todos, nalgún momento das nosas vidas, podemos experimentar unha discapacidade temporal ou permanente; e a sociedade ten que estar preparada para elo.      Dende o Departamento de Orientación dos CEIP de Cervo e Península da Paz, unímonos a esta campaña e celebramos que CANTAS MÁIS DIFERENCIAS, MÁIS POSIBILIDADES.      P ara mostrar ao noso alumnado que non existen os límites, Álex, un deportista de Viveiro, quixo enviar unha bonita e importante mensaxe para todas e todos. Picade sobre a súa foto para accede...

CARREIRA SOLIDARIA VIRTUAL "ALAS DE VIDA"

Imagen
     O próximo 25 de outubro  con motivo do  DÍA MUNDIAL DA PEL DE BOLBORETA  se celebrará a VII Edición Alas de Vida , carreira solidaria co fin de recadar fondos para a Asociación Debra - Piel de Mariposa.      Este ano a carreira non poderá ser presencial como de costume, polo que se fará de modo virtual entre o sábado 24 e o domingo 25 de outubro a través da páxina de eventos deportivos  "Rock the Sport".        Haberá diferentes modalidades de participación: paseo, carreira e bici e todas as  inscripcións son de 5€ solidarios, éstas estarán abertas ata o mesmo 24 ás 9:00h.     Picando no enlace se abrirá a páxina para que podas inscribirte.  ANÍMATE A PARTICIPAR!!! https://web.rockthesport.com/es/es/master/evento/evento-virtual-burela

BENVIDA AO NOVO CURSO!!!

Imagen
    Dende o Departamento de Orientación queremos dar a BENVIDA AO COLE!!! a toda a comunidade educativa, facendo especial fincapé no noso alumnado, que debido ás experiencias estresantes vividas a causa da COVID-19, rematou o pasado curso dunha maneira moi estrana.     Dende aquí ofrecemos o noso apoio persoal e emocional, ademais de restablecer a súa función educativa habitual. Consideramos a atención ao benestar emocional dos nenos e nenas como un obxectivo prioritario nun primeiro momento, para así facilitar que o alumnado estea nas mellores condicións no regreso ás aulas.      Por este motivo comparto as RECOMENDACIÓNS DE AUTOCOIDADO PARA AS FAMILIAS "Coidámonos Ben" elaboradas polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia dentro do Programa Psicoeducativo para a post-emerxencia en Centros Educativos de Infantil e Primaria.

CHEGOU O VERÁN!

Imagen
O verán está ao caer, para comezalo con moi bo pé e estar entretidas e entretidos durante as vacacións, a profe Paula (A.L. do Colexio de Cervo) presenta algúns xogos, xa coñecidos por todas e todos, agardando que os desfrutedes. Premede no enlace de abaixo para acceder ao documento, imprimide e comezade a xogar!! https://drive.google.com/file/d/10-EF6V4cEkjVTpvWhVu9zsMEoshghaEH/view?usp=sharing

CARREIRA SOLIDARIA VIRTUAL "CORRE POR NÓS"

Imagen
Como todos os anos, dende o Colexio de Cervo imos celebrar a Carreira Solidaria , desta vez de forma virtual , xa que agora, máis que nunca temos a oportunidade de axudar a aqueles que máis o precisan. Se levará a cabo entre o martes 9 e o domingo 14 de xuño . O recaudado irá destinado á Cruz Vermella, para axudar a aquelas familias máis desfavorecidas e a aquelas afectadas pola crise do Covid-19, que precisan comida e produtos básicos para poder sobrevivir. PODERÁ PARTICIPAR CALQUERA PERSOA, SEXA OU NON DA COMUNIDADE EDUCATIVA. INSCRÍBETE EN: https://web.rockthesport.com/es/es/master/evento/carreira-solidaria-virtual-colexio-de-cervo-corre Enlace ao REGULAMENTO, onde atoparedes toda a información: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervo/system/files/Regulamento%20Carreira.pdf Por último, deixo o vídeo promocional onde os nenos e nenas de 6º anímannos a participar:

O PASO AO INSTITUTO

Imagen
Xa falta menos para que o noso alumnado de 6º dea o salto ao Instituto! Isto me fai supoñer que estaredes nerviosos e á espectativa, e que teredes moitas dúbidas sobre como será o Instituto e a Educación Secundaria, por iso elaborei esta presentación, na que vos falo sobre os cambios máis importantes que atoparedes na E.S.O. Picade no enlace para acceder á presentación. Espero que vos sirva de axuda. https://view.genial.ly/5ed0cc9c6a01c811e66eb0bc/presentation-paso-a-eso Ademais da presentación, deixo un resumo escrito coa información máis relevante deste cambio: https://drive.google.com/file/d/1L2hqwxu_AcyvG0zZjdgQ2eE4escDCbX-/view?usp=sharing