Entradas

PASATEMPOS PROPOSTOS DENDE P.T.

Imagen
Lino, o profe especialista en Pedagoxía Terapéutica do CEIP de Cervo, elaborou un montón de pasatempos para pasar máis entretidos esta tempada á vez que repasamos contidos. Picando no enlace que aparece debaixo da imaxe, accederedes a xogos de afundir a flota, crucigramas, sopas de letras, adiviñas, acertixos.... https://drive.google.com/file/d/1UH5kR84mACKdE88zUfryy5gz6LDdckhY/view?usp=sharing

RECOPILATORIO DE CONTOS

Imagen
Atopámonos nun momento no que a xenerosidade das personas e dos compañeiros cobra especial importancia. Todos aportan o seu gran de area e comparten marabillosos materiais para poder desfrutar neste tempo difícil.  Hoxe chegoume este gran recopilatorio de contos en diferentes formatos, se trata dunha serie de enlaces que levan a contos narrados, contos pictografiados, contacontos ou contos animados.  Picade no enlace que está debaixo da imaxe para acceder ao recurso. https://drive.google.com/file/d/1WXaznyoE-B9t5f1nho8U-DeFwcX91N0p/view?usp=sharing

PROPOSTAS DUNHA PROFE DE AL PARA A CORENTENA

Imagen
A nosa profe Paula, especialista en Audición e Linguaxe do CEIP de Cervo elaborou unha chea de estupendas propostas para que o alumnado poda pasar esta corentena algo máis entretido. Se pinchades no enlace que aparece debaixo da foto, descubriredes receitas de cociña, propostas de xogos con e sen material, refraneiro, adiviñas, pasatempos, actividades de escritura creativa, mandalas, recursos dixitais.... ANIMÁDEVOS!!!!! https://drive.google.com/file/d/1VyMXDCtcQg843VrHV-kz4EZSK3X2vNxn/view?usp=sharing

O DESCONFINAMENTO DOS NENOS

Imagen
O OSO GOLOSO A psicóloga Carmen Esteban compartiu un material que elaborou para preparar aos peques para a volta á rúa.  O Oso Goloso sabe o que é pasar moito tempo sen saír e por iso quere axudar aos humanos.  Neste conto se anticipa o día da saída, se fala das emocións á vez que se repasan as normas que deberán seguir os nenos e nenas durante as saídas á rúa. Pincha no enlace que aparece debaixo da foto para acceder ao conto. https://93226401-c45d-43e4-9ffb-a9168137d498.filesusr.com/ugd/6cdad4_a24bcd4c787f49ea87573c9a387d71e2.pdf GUÍA RÁPIDA SOBRE A SAÍDA DOS NENOS DURANTE O CONFINAMENTO Dende @SabinaSerrnoPsicóloga achegan unha Guía Rápida para axudar ás familias nas saídas permitidas aos nenos e nenas, cuns pasos a seguir e consellos. https://drive.google.com/file/d/1VUTqAhvEGco3ijQ8O2JP4wEoQhbQ1DjZ/view?usp=sharing ¡YA PODEMOS SALIR A LA CALLE! Outro conto para os pequenos sobre a mesma temática elaborado pola Asociación Mun...

PROPOSTAS AUDICIÓN E LINGUAXE

Imagen
A profe Andrea, especialista en Audición e Linguaxe do CEIP Península da Paz, propón unha serie de vídeos para poder traballar dende a casa. EXERCICOS ORAIS MOTORES para traballar as praxias, é dicir, movementos que inclúen os labios, a lingua, os músculos cercanos á boca, a mandíbula e o velo do paladar. CANCIÓNS PARA NENOS. ERRE CON ERRE para aprender a pronunciar correctamente o erre, facendo vibrar a punta da lingua contra o paladar. TRABALINGUAS PARA NENOS para axudar a traballar certos fonemas.

23 de abril - DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

Imagen
O 23 de abril celébrase o Día Internacional do Libro ,dado que ese día coincide cos falecementos de Miguel de Cervantes e William Sakespeare. En España conmemórase dende o 1930, e dende 1995 internacionalmente gracias á UNESCO. A lectura non só é beneficiosa para o desenvolvemento cognitivo e psicolóxico dos nenos e nenas, axuda tamén a desenvolver a súa imaxinación e creatividade, aumenta a súa capacidade de concentración e amplía o seu vocabulario. A neuroeduación afirma que ler na infancia e ter unha boa educación emocional evita moitos transtornos da aprendizaxe. Por este motivo hoxe quero recomendar algúns libros para traballar a educación emocional, porque a aprendizaxe baséase na emoción, así que..... EMOCIÓNEMONOS LENDO!!!!! El gran libro de las emociones (María Menéndez-Ponte): este libro consta de 30 contos para traballar as emocións e crecer feliz. Emocionario: di lo que sientes  (Cristina Nuñez y Rafael R. Valcárcel): describe de manei...

O DADO DAS EMOCIÓNS

Imagen
Este material está pensado para crear o noso "dado das emocións" e así traballar con elas: identificándoas, nomeándoas, expresándoas... unha chea de ideas para xogar e ao mesmo tempo explorar as nosas emocións. https://www.orientacionandujar.es/wp-content/uploads/2016/02/DadodeEmociones.pdf