PROPOSTAS AUDICIÓN E LINGUAXE
A profe Andrea, especialista en Audición e Linguaxe do CEIP Península da Paz, propón unha serie de vídeos para poder traballar dende a casa.
- EXERCICOS ORAIS MOTORES para traballar as praxias, é dicir, movementos que inclúen os labios, a lingua, os músculos cercanos á boca, a mandíbula e o velo do paladar.
- CANCIÓNS PARA NENOS. ERRE CON ERRE para aprender a pronunciar correctamente o erre, facendo vibrar a punta da lingua contra o paladar.
- TRABALINGUAS PARA NENOS para axudar a traballar certos fonemas.
Comentarios
Publicar un comentario