23 de abril - DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO
O 23 de abril celébrase o Día Internacional do Libro,dado que ese día coincide cos falecementos de Miguel de Cervantes e William Sakespeare. En España conmemórase dende o 1930, e dende 1995 internacionalmente gracias á UNESCO.
A lectura non só é beneficiosa para o desenvolvemento cognitivo e psicolóxico dos nenos e nenas, axuda tamén a desenvolver a súa imaxinación e creatividade, aumenta a súa capacidade de concentración e amplía o seu vocabulario.
A neuroeduación afirma que ler na infancia e ter unha boa educación emocional evita moitos transtornos da aprendizaxe. Por este motivo hoxe quero recomendar algúns libros para traballar a educación emocional, porque a aprendizaxe baséase na emoción, así que..... EMOCIÓNEMONOS LENDO!!!!!
- El gran libro de las emociones (María Menéndez-Ponte): este libro consta de 30 contos para traballar as emocións e crecer feliz.
- Emocionario: di lo que sientes (Cristina Nuñez y Rafael R. Valcárcel): describe de maneira sinxela corenta e dous estados emocionais para aprender a identificalos e, así, poder decir o que realmente sentimos.
- El Principito (Antoine de Saint-Exupery): o autor fai unha reflexión sobre a amistade, o amor, a responsabilidade e o sentido da vida.
- Recetas de lluvia y azúcar (Eva Manzano y Mónica Gutiérrez Senra): 25 receitas cheas de imaxinación para 25 emocións descritas de forma moi poética e metafórica.
- Cómo quitar el Grrrr al enfado (Elizabeth Verdick): un libro para ensinar aos nenos e nenas a controlar a ira, guiándoos a entender que o enfado é normal e que se pode aprender a expresalo de maneira saudable.
Comentarios
Publicar un comentario