Este material está pensado para crear o noso "dado das emocións" e así traballar con elas: identificándoas, nomeándoas, expresándoas... unha chea de ideas para xogar e ao mesmo tempo explorar as nosas emocións.
Un ano máis, como cada 21 de marzo, queremos conmemorar dende o noso colexio o DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN co obxectivo de esquecer os prexuizos e facilitar a integración. Unímonos á campaña que leva a cabo a Federación Down Galicia , na que se busca poñer en valor o concepto da diferenza e dar visibilidade á idea de que ningunha persoa é igual a outra e que, precisamente, esa diferenza é a que nos enriquece como sociedade. Na seguinte presentación resumimos as accións desta campaña: PARA REMATAR, ALGUNHAS CURIOSIDADES 🔎 SABEDES POR QUE SE ESCOLLEU ESTA DATA? o día 21 do mes número 3 simboliza a trisomía do cromosoma 21, orixinario da Síndrome de Down. 🔎 ALGUNHAS PERSOAS COA SÍNDROME DE DOWN QUE CUMPLIRON OS SEUS SOÑOS: PABLO PINEDA Primeiro licenciado europeo, impartiu clases na Universidade. Ademáis é mestre, presentador e escritor. BÁRBARA WETZEL No ano 2015 gañou o Campionato Mundial de Ximansia Artística na categoría Júnior. GLORIA RAMOS Primeira ac...
Dende o ano 2007, o 18 de febreiro celébrase o Día Internacional da Síndrome de Asperger co obxectivo de dar visibilidade ao colectivo e promover a acción política e social para a reivindicación e promoción do exercicio efectivo dos seus dereitos. A campaña do 2021 da Confederación de Autismo España ten como lema #HazEspacio para que as persoas con Síndrome de Asperger podan APRENDER e TRABALLAR. A continuación podedes ver o vídeo para a campaña deste ano. Deixo para finalizar os enlaces ás páxinas de Confederación Autismo España , Autismo Galicia e Asociación Galega de Asperger. 👉http://www.autismo.org.es/actualidad/articulo/haz-espacio-para-que-las-personas-con-sindrome-de-asperger-puedan-aprender-y 👉https://www.autismogalicia.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=shownews&idn=2619&V_idmod=62 👉https://www.asperga.org/
O próximo 25 de outubro con motivo do DÍA MUNDIAL DA PEL DE BOLBORETA se celebrará a VII Edición Alas de Vida , carreira solidaria co fin de recadar fondos para a Asociación Debra - Piel de Mariposa. Este ano a carreira non poderá ser presencial como de costume, polo que se fará de modo virtual entre o sábado 24 e o domingo 25 de outubro a través da páxina de eventos deportivos "Rock the Sport". Haberá diferentes modalidades de participación: paseo, carreira e bici e todas as inscripcións son de 5€ solidarios, éstas estarán abertas ata o mesmo 24 ás 9:00h. Picando no enlace se abrirá a páxina para que podas inscribirte. ANÍMATE A PARTICIPAR!!! https://web.rockthesport.com/es/es/master/evento/evento-virtual-burela
Comentarios
Publicar un comentario