A asociación Down Galicia ofece tamén un montón de recursos dirixidos a público de todas as idades, con e sen discapacidade, para exercitar corpo e mente e á vez divertirse durante o confinamento.
Un ano máis, como cada 21 de marzo, queremos conmemorar dende o noso colexio o DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN co obxectivo de esquecer os prexuizos e facilitar a integración. Unímonos á campaña que leva a cabo a Federación Down Galicia , na que se busca poñer en valor o concepto da diferenza e dar visibilidade á idea de que ningunha persoa é igual a outra e que, precisamente, esa diferenza é a que nos enriquece como sociedade. Na seguinte presentación resumimos as accións desta campaña: PARA REMATAR, ALGUNHAS CURIOSIDADES 🔎 SABEDES POR QUE SE ESCOLLEU ESTA DATA? o día 21 do mes número 3 simboliza a trisomía do cromosoma 21, orixinario da Síndrome de Down. 🔎 ALGUNHAS PERSOAS COA SÍNDROME DE DOWN QUE CUMPLIRON OS SEUS SOÑOS: PABLO PINEDA Primeiro licenciado europeo, impartiu clases na Universidade. Ademáis é mestre, presentador e escritor. BÁRBARA WETZEL No ano 2015 gañou o Campionato Mundial de Ximansia Artística na categoría Júnior. GLORIA RAMOS Primeira ac...
O próximo 25 de outubro con motivo do DÍA MUNDIAL DA PEL DE BOLBORETA se celebrará a VII Edición Alas de Vida , carreira solidaria co fin de recadar fondos para a Asociación Debra - Piel de Mariposa. Este ano a carreira non poderá ser presencial como de costume, polo que se fará de modo virtual entre o sábado 24 e o domingo 25 de outubro a través da páxina de eventos deportivos "Rock the Sport". Haberá diferentes modalidades de participación: paseo, carreira e bici e todas as inscripcións son de 5€ solidarios, éstas estarán abertas ata o mesmo 24 ás 9:00h. Picando no enlace se abrirá a páxina para que podas inscribirte. ANÍMATE A PARTICIPAR!!! https://web.rockthesport.com/es/es/master/evento/evento-virtual-burela
O 3 de decembro, como todos os anos dende 1992, celébrase o "DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE" co obxectivo de promover os seus dereitos e benestar en todos os ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida. Este ano, o lema da campaña é "UN DÍA PARA TOD@S" , co que se quere facer ver que a discapacidade forma parte da condición humana, xa que todas e todos, nalgún momento das nosas vidas, podemos experimentar unha discapacidade temporal ou permanente; e a sociedade ten que estar preparada para elo. Dende o Departamento de Orientación dos CEIP de Cervo e Península da Paz, unímonos a esta campaña e celebramos que CANTAS MÁIS DIFERENCIAS, MÁIS POSIBILIDADES. P ara mostrar ao noso alumnado que non existen os límites, Álex, un deportista de Viveiro, quixo enviar unha bonita e importante mensaxe para todas e todos. Picade sobre a súa foto para accede...
Comentarios
Publicar un comentario