2 ABRIL - "DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO"
O día 2 de abril celébrase o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, como se ven facendo dende que no ano 2007 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas instaurase esta data, co obxectivo de poñer de relevo a necesidade de contribuír á mellora da calidade de vida das persoas con trastorno do espectro autista (TEA) e promover a súa inclusión en todos os ámbitos da sociedade como cidadás de pleno dereito.
A campaña que se leva a cabo este ano dende o movemento asociativo do autismo en España, en coordinación con Autismo Europa, centra a súa atención ao redor de dous eixos fundamentais para a mellora da calidade das persoas con TEA: o acceso a unha educación e a un emprego de calidade que se adecúe ás capacidades, prioridades e necesidades específicas de cada persoa con TEA. Por isto o lema deste ano é "PODO APRENDER. PODO TRABALLAR".
Este ano, adaptándonos á situación de alarma, xurden diferentes iniciativas de sensibilización a través de distintas actividades:
A CONFEDERACIÓN AUTISMO ESPAÑA, nos pide que nos sumemos ao reto LIUB 2020 iluminando as nosas terrazas, balcóns ou ventanas ás 21 horas e compartindo a través dunha foto nas redes sociais xunto ao hastag #DiaMundialAutismo.
Deixo tamén, outras actividades propostas dende diferentes asociacións.
Comentarios
Publicar un comentario