RESPECTO AO COLECTIVO TEA
O primeiro, transmitir dende aquí unha mensaxe de respecto e comprensión cara todas aquelas personas que nestes días de confinamento precisan saír á rúa para calmar a súa ansiedade, porque non son capaces de entender estes cambios nas súas rutinas. Eles non teñen que dar explicacións á sociedade nin necesitan ser marcados con ningún identificativo para poder exercer o seu dereito, publicado por parte do Ministerio de Sanidade na instrucción do 19 de marzo de 2020.
Para comprender o Trastorno do Espectro Autista (TEA) e acercarnos un pouco máis a este colectivo, compartimos os enlaces dalgúns vídeos:
Para comprender o Trastorno do Espectro Autista (TEA) e acercarnos un pouco máis a este colectivo, compartimos os enlaces dalgúns vídeos:
EL DÍA DE MANUEL
Adaptación do conto "El día de Manuel" feita polo músico, historiador e compositor Seso Durán.
Todos os nenos son distintos. Manuel, por exemplo, organiza o seu mundo en base ás liñas que vai descubrindo ao seu arrededor. El é como calquera outro neno: especial nos seus gustos e hábitos. Manuel ten autismo. E outros nenos e nenas tamén o teñen.
MI HERMANITO DE LA LUNA
Corto en forma de pequeno relato no que a irmá dun neno con autismo conta como de especial é a vida do seu irmán, do que dí, con moita ternura, que naceu como calquera outra persona pero que vive na lúa.
EL VIAJE DE MARÍA
O documental afonda no autismo a través da relación entre o debuxante Miguel Gallardo e a súa filla María.
Comentarios
Publicar un comentario